PANDEIRETA

A colección Pandeireta é unha interpretación propia, feita por min en prata de lei 925, con acabado en prata envellecida ou dourado. Non é unha reprodución literal, senón unha lectura persoal dun elemento profundamente noso, cargado de memoria e significado.

Pandeireta nace do latir, do ritmo marcado coas mans, da transmisión oral que pasou de xeración en xeración, especialmente entre mulleres.

Mostrando 1 - 4 de 4 items